Catedrático de Filosofía de Ensino Secundario. Doutor en Filosofía. Profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela.
Doutórase na Universidade de Santiago de Compostela en 2007 coa tese La filosofía de Gilles Deleuze: del empirismo transcendental al constructivismo pragmático.
Ten colaborado con artigos de temática filosófica en diversas publicacións especializadas e, tamén, de carácter divulgativo.
Obras en galego:
- Ensaio:
Gilles Deleuze (1925-1995) (2002). Baía Edicións, A Coruña. 191 páxs. ISBN 8489803722
Galeguismo e saudade: a visión de Plácido Castro (2012). IGADI. 55 páxs. D. L. VG 119-2012
Ser expósito. Formas do humano nas sociedades avanzadas (2015). Espiral Maior, A Coruña. 227 páxs. ISBN 9788492646883
Filosofía. 1º Curso de Bacharelato (2015). Baía Edicións, A Coruña. 410 páxs. ISBN 9788499951669
Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política (2019). Espiral Maior, A Coruña. 229 páxs. ISBN 9788494916465
Filosofía. Primeiro curso de Bacharelato (2021). Baía Edicións, A Coruña. 434 páxs. ISBN 9788499953632
Filosofía. Primeiro curso de Bacharelato (2022). Baía Edicións, A Coruña. 322 páxs. ISBN 9788499953984
Historia da Filosofía. Segundo curso de Bacharelato (2023). Baía Edicións, A Coruña. 502 páxs. ISBN 9788499954325
- Poesía: Episodios con figuras (2024). Espiral Maior, A Coruña. 127 páxs. ISBN 9788412734386
- Obras colectivas:
Homenaxe a Ramón Piñeiro (2009). Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. 180 páxs. ISBN 9788445348192
Ser cidadán (2011). Con Manuel Regueiro Tenreiro. Galinova, A Coruña. 156 páxs. ISBN 9788497371506
Geometria do caos. Encontros sobre Filosofia e literatura (2013). María Celeste Natario (coord.). Cultureprint, CRL, Porto. 329 páxs. ISBN 9789899875104
Mario Bunge xenio e figura (2017). Número monográfico Ágora do Orcellón, nº 32, Instituto de Estudios Carballiñeses. 432 páx. ISSN 15773205
Filosofía en plural. Artigos do grupo Doxa de Filosofía (2018). Carlo Rodríguez Sabariz (coord.). Publicacións, Deputación de Lugo. 167 páxs. ISBN 9788481925562
Diccionario de filosofía (2019). Ramón López Vázquez (coord.), Marcelino Agís Villaverde, Ángel González Fernández, Manuel Regueiro Tenreiro. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. 256 páxs. ISBN 9788445353264
Sophia e o nome das coisas. Pensamento e obra de Sophia de Mello Breyner Andresen (2020). Maria Celeste Natário, Renato Epifânio, Maria Luísa Malato, Paulo Borges (orgs.). Universidade do Porto, Porto. 278 páxs. ISBN 9789897462849
Dun poema as ardentes estrofas. Visións arredor da obra de Eduardo Pondal (2024). Espiral Maior, A Coruña. 147 páxs. ISBN 9788412734393.
Obras en castelán:
- Ensaio:
La filosofía de Gilles Deleuze: del empirismo transcendental al constructivismo pragmático (2007). Universidade de Santiago de Compostela. 937 páxs. Formato CD. ISBN 9788497508278
- Obras colectivas:
La filosofia d’Eduard Nicol (2010). Josep-Maria Terricabras (ed.). Documenta Universitaria, Universitat de Girona, Càtedra Ferrater Mora de Pensament Contemporani. 186 páxs. ISBN 9788499840956
Saber convivir (2011). Con Manuel Regueiro Tenreiro. Galinova, A Coruña. 164 páxs. ISBN 9788497371827
Premio extraordinario de doutoramento da Facultade de Filosofía (Universidade de Santiago de Compostela) correspondente ao curso académico 2006-2007.
Co-coordinador do número monográfico sobre “Republicanismo e democracia” da revista Roteiros. Arumes de pensamento crítico (2009).
Ten publicado relatorios e artigos sobre filósofos clásicos (Spinoza), do exilio español (María Zambrano, Eduardo Nicol), franceses (Sartre, Badiou, Deleuze, Derrida, Foucault), alemás (Hannah Arendt), arxentinos (Mario Bunge), portugueses (José Gil) e galegos (Rafael Dieste, Celestino Fernández de la Vega, Ramón Piñeiro, Torres Queiruga). Tamén sobre escritoras portuguesas (Sophia de Mello) e galegos (Eduardo Pondal, Plácido Castro, Carvalho Calero).
Desde 2012 colabora co xornal El Progreso e desde 2017 coa revista Tempos Novos.