Residiu en Barcelona ata os doce anos, posteriormente en Santiago de Compostela, durante a súa etapa universitaria, e desde 1982 vive en Vigo.
Iniciase na pintura no ano 1997. De formación eminentemente autodidacta, aínda que recibe clases de pintura a nivel particular nos obradoiros de Cristina Fernández Núñez e Patricia Malvestitti, ambas licenciadas en Belas Artes, traballa o óleo e o acrílico así como a técnica mixta.
Diplomada en Arte Contemporánea polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, en maio de 2005.
Membro da Asociación Artística Cultural de Pontevedra ASACPO.
Membro da asociación para a promoción da arte galega actual ALTERARTE de Vigo.
Membro colaborador da Fundación MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.
EXPOSICIÓNS
1997 e 1998. Galería de Arte Saira, de Vigo. Colectiva.
1999. Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra. Colectiva.
2000. Club de Golf Ría de Vigo, Domaio (Pontevedra). Individual.
2000. Liceo de Ourense, Sporting Club Casino da Coruña, Casino Mercantil de Vigo e Club Náutico de Ponferrada. Colectiva, itinerante.
2005. Liceo Casino de Pontevedra. Colectiva.
2005. Alterarte 05 feira de arte. Estación de RENFE de Vigo.
2006. Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Pontevedra. Colectiva.
2006. Pazo de Mugartegui. Pontevedra. Colectiva.
2006. Galería de Arte Ivan Morillas. Sabarís-Baiona. Individual.
2006. Mostra Mare 06 Feira de Arte. Combarro (Pontevedra).
2006. Hotel Rías Bajas. Pontevedra. Individual.
2006. Alterarte 06 feira de arte. Estación de RENFE de Vigo.
2007. Sala de Exposicións do Club Náutico de Sanxenxo. Colectiva.
2007. Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra. Colectiva. Sede de Vigo.
MENCIÓNS E PREMIOS
Diploma acreditativo por unha das súas obras, “Entre amigos”, presentada ó XIX Concurso Nacional de Pintura convocado en xuño de 2000 pola Federación Española de Círculos e Casinos Culturais.
2º premio no I Certame de Pintura Luso Galaico, organizado pola Asociación Artística Cultural de Pontevedra, en xuño de 2005, pola súa obra “Tinto da casa”. Participou nunha Exposición Certame itinerante que recorreu varias localidades de España e Portugal entre as que destacamos Pontevedra, Ponte de Lima, Lanhelas (Casa de Antas), Monçao, Melgaço e Vilanova de Cerveira.
3º premio no II Certame de pintura “El vino y su entorno”, celebrado en Pontevedra en xuño de 2006, co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, entre outros, pola súa obra “Bodegón en lila”.
Primeiro accésit, diploma e premio adquisición de obra no Concurso de Pintura convocado en xullo de 2007 polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, pola súa obra “Bodegón”.
Página web: www.mariaponce.es