Gabriel Rodríguez Lorenzo


Data de Nacemento: En 1993
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Gabriel é emprendedor dixital e cofundador de SinComisiones.org, un dos maiores comparadores de España. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e cun MBA polo CEU San Pablo, tras unha breve etapa na industria farmacéutica deu eo salto ao mundo dixital especializándose en SEO, marketing e prensa.

En 2019 fundou SinComisiones xunto ao seu socio Miguel Otero Vaccarello, plataforma que hoxe axuda a millóns de consumidores a comparar contas, tarxetas, hipotecas, inversión e telefonía, ademáis de asesorarlles en reclamacións fronte a prácticas bancarias abusivas. O proxecto foi selecionado por Lanzadera, a aceleradora de startups do empresario Juan Roig.

Protagonizou un documental sobre o nomadismo dixital producido por ING e dirixido pola actriz Ingrid García-Jonsson. Compaxina a direción da empresa cun estilo de vida itinerante que o levou a traballar en remoto durante varios anos dende países de América Latina, o sudeste asiático e Estados Unidos, ainda que mantén Galicia como residencia permanente.