Graduado en Gráfica Publicitaria e en Produción de Audiovisuais e Espectáculos. Viaxeiro incansable, escritor espontáneo e budista convencido, soubo ensamblar as súas grandes paixóns: as viaxes, a música e a literatura na súa escritura emotiva e exhausta, influenciada por Jack Kerouac e a Xeración Beat.
Comeza a escribir aos vinteséis anos, durante unha crise de ansiedade e o que nun principio sería unha terapia curativa, convírtese nun xeito de vida. Nesta etapa escribe unha grande cantidade de relatos e o que será a base para a súa primeira novela "Mariela envenena mis sueños", xa que esta, nun principio era un relato longo. Este primeiro periodo dura dous anos, logo abandona a escritura. Pasados dez anos, retoma outra vez a escritura, coincidindo ademáis coa súa marcha a Londres. É aquí cando recupera o proxecto da súa primeira novela e o finaliza como novela que publica en 2022.
Durante este novo periodo, que él cataloga como "o momento emocional máis grande da miña vida" comeza a escribir outra vez relatos.
Algúns destes relatos foron galardoados en festivais nacionais e internacionais:
• "Epitafio de Tolkien" é selecionado para ser publicado no diario El Progreso de Lugo para un especial de viaxes. (España, agosto 2016)
• "Me fui": Premiado no Certame Literario Internacional Los libros de Charlie (Arxentina, decembro 2017) e no Certame da revista independente Extrañas Noches - Literatura Visceral (Arxentina, novembro 2018).
• "Suspiros de La Habana": Premiado no Certame Literario da revista de viaxes e viaxeiros Magellan (Barcelona, decembro 2017) e no XIV Certame Literario Moleskin 2019 (setembro 2019),
• "El llanto de Camden Town": Selecionado para ser publicado na revista Pantomima (Arxentina 2020).
• "Serendipia o aquella chica dulce": Premiado e publicado pola revista gAZeta (Guatemala, xullo 2020) e na revista Independente Liinzu (Costa Rica, 2021).
• "Noches de verano de luna llena", Relato premiado e selecionado para ser publicado na antoloxía física de relatos titulada "Cuentos de Otoño". (España, febreiro 2024).
Obtén grande recoñecemento e depura a súa técnica narrativa tan personal e emotiva, na que se pode apreciar unha grande influencia de Jack Kerouac e a Xeración Beat, escritores aos que idolatra e que leva lendo toda a súa vida.
Como colofón, abre o blog www.cosasquetecontealoido.com, que ten unha grande repercusión na rede, convertíndose no seu grande escaparate literario. Nel se amosan textos con unha grande carga emocional e sentimental. Son historias, pertencentes ao mundo das relacións entre parellas e no que destaca como tema principal o amor en todas as súas formas e vertentes. Ainda que tamén trata temas musicais e de viaxes.
Ademáis Jordi é requerido polo prestixioso xornalista e reporteiro Juan Carlos Bejarano, do canal internacional latino NTN24, como escritor colaborador na súa web www.descubriendolondres.uk, despois de ser selecionado o seu relato "Tumba y cenizas de Freddie Mercury" para dita web. Neste caso será o encargado de escribir acerca de lugares salientables do rock e da música en xeral que se atopan repartidos polo mapa da capital británica, pero sempre baixo o seu estilo tan persoal e emotivo.
Xa de volta e asentado en Galicia, é na primavera de 2019 cando Radio Lugo Cadena SER contacta con Jordi, para que leve a sección de viaxes do programa "Hoy por hoy". É así como nace "Un lugar de verano". Colabora dende 2023 con canales internacionais latinos de radio e televisión, como é o canal por pago TVV, xunto a Gladys Rodríguez e as radios venezolanas Circuito Éxitos e La Romántica, sempre para falar de música, viaxes e temas culturais.
Os seus textos están bañados de unha grande intensidade, na que as emocións e a sensibilidade o invaden todo e onde o poder descriptivo casi obsesivo das personaxes, situacións e ambientes nos que se moven convírtense en seña de identidade das súas historias.
Nas súas novelas ademáis, introduce a cuestión dos trastornos mentales e a saúde mental, algo que sufriu en persona durante anos e que xira especialmente arredor do amor.
Tamén toca temática viaxeira e musical, pero sempre baixo o seu conocido estilo emotivo.
Toda a súa obra está contada de xeito autobiográfico.
Publica a súa primeira novela titulada "Mariela envenena mis sueños" (Editorial Fanes - 2022) convertíndose nun éxito editorial en Galicia, tanto de crítica como de ventas, obra que tardou cinco anos en escribir.
Tres anos despois aparece a súa segunda novela "El Verano que volvió Sherezade" (Editorial Fanes - 2025). A historia transcorre no seu pobo de Friol.
Exerceu a súa actividade laboral en varios ámbitos, dende a publicidade ata o audiovisual, pasando por aviación, chegando incluso a colaborar con distintos medios internacionais de Latinoamérica e Estados Unidos en temas de índole cultural. Actualmente exerce na administración autonómica de Galicia.
Recoñecementos:
- Premio 'Al Buen Uso de Internet y las Nuevas Tecnologías II' Congreso de Cultura Digital y Redes Sociales de Lugo en xuño de 2014.
- Pregoneiro da 32ª Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito, Lugo) en 2023.
- Conferenciante nas xornadas de saúde e medicina organizadas pola AA VV de Conturiz coa charla “Ansiedad y escritura” en maio de 2025.