Antonio Vázquez Vázquez


Data de Nacemento: En 1955
Lugar de Nacemento: Cenlle (Ourense)
 Currículum

É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1980 comeza a súa labor docente como profesor numerario de Escolas de Mestría Industrial na área de Xeografía e Historia. Impartiu clases en Tapia de Casariego (Asturias), Ponteareas e Vigo. Coordina un Seminario de Profesores que traballa sobre Didáctica de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais desde 1990. Ten participado, asemade, en grupos de traballo, xornadas e outras actividades relacionadas coa organización de centros escolares. Desde 1996 é director do IES de Teis en Vigo. Actualmente, reside en Vigo, está casado e ten dous fillos e ocupa o cargo de director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.