
CurrículumSilvia é compostelana e galeguista de tradición, filla do filósofo Xosé Manteiga Pedrares e sobriña de Avelino Pousa Antelo, dous dos intelectuales autores do Estatuto dos Dezaseis. O seu irmán Xavier Manteiga Pousa é un dos novelistas e guionistas máis aclamados de Galicia, premio Xerais de novela con 'O manancial' e co que ela é co-autora da serie de animación 'Mundo Verde'.
Silvia estudiou Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela con Guillermo Rojo e Darío Villanueva Prieto. En 1986 gañou o Premio Holanda (hoxe European Contest for young scientists and inventors) considerado o Premio Nobel da xuventude cunha investigación sobre a derivación lingüística e literaria: On derivation. Premio que lle entregou o tamén Premio Holanda e Ministro de Cultura da época Javier Solana. Ese mesmo ano Xerardo Estévez fichouna como independente na lista do PSOE para as eleccións municipais. Exerceu como concelleira de xuventude de 1987 a 1991. Contemporáneamente licenciouse e foi Premio Extraordinario de licenciatura, obtendo unha beca do FPI (Formación de Personal Investigador) que a levou á Columbia University de Nova York, á Universidade de Stuttgart en Alemaña e posteriormente a Italia; primeiro ao DAMS de Bolonia e despois á Real Academia de España en Roma, baixo a dirección de Jorge Lozano. Nese periodo recibiu unha subvención da Xunta de Galicia para traducir por primeira vez ao galego a obra de Pier Paolo Pasolini (Escritos corsarios, Eds Positivas, 1993). En 1993 foi nomeada Xefe de Actividades culturales do Instituto Cervantes de Roma baixo a dirección de Román Gubern, con quen colaborou na operación de transformación do antigo Instituto Español de Cultura no Instituto Cervantes, dirixindo a realización da Galería de Arte do Cervantes en Piazza Navona, que foi inaugurada cunha exposición de Soledad Sevilla, Cristina Iglesias e Eva Lootz. Durante o seu mandato xestionou a candidatura española do arquitecto Juan Navarro Baldeweg no concurso para a realización da nova Biblioteca Hertziana, unha das bibliotecas de arte máis prestixiosas do mundo, proxecto que se alzou co premio e que a súa inauguración tivo lugar en 2013. Introduxo también en Italia ao arquitecto Óscar Tusquets que, posteriormente, realizaría en Napoles (2005-2012) a Estación de Metro Toledo, considerada polo Daily Telegraph a Estación de Metro máis impresionante do mundo.
Sucesivamente traballou para a Oficina en Italia do Parlamento Europeo e para o Departamento de tradutores e intérpretes do Congreso dos Deputados en Roma en calidade de experta lingüista e de xestión cultural. En 1999 dirixe Spazio Enne, Galeria de arte contemporánea en Roma e coñece a Alexandro Ladaga, con quen funda ELASTIC Group of Artistic Research, grupo de investigación artística en vídeo e novas tecnoloxías co que se afirma na realización do vídeo instalacións site specific, films e public art a nivel internacional. Alexandro Ladaga e Silvia Manteiga son autores do libro Strati Mobili: Video Contestuale nell’Arte e nell’Architettura (2006) traducido a inglés en 2014, Moving Layers: Contextual Video in Art & Architecture, e do libro 127kBdiarte, pensare l'arte in rete (2015).
Realizaron numerosos proxectos de arte pública producidos polos Concellos de Florencia, Roma e Milán; Ministerios de Cultura de España, Francia, Italia e Portugal e outras importantes institucións nacionais e internacionais como La Biennale di Venezia, La Quadriennale di Roma, The Spanish Institute of New York, La Nuit Blanche, la Galleria Nazionale di Arte Moderna di Roma.
Son autores da primeira intervención artística vídeo realizada no Templete de Bramante: un monumental public art por invitación da Real Academia de España en Roma (2006) creando 12 columnas de vídeo intercaladas entre as columnas do monumento símbolo do inicio do Renacemento. En 2022 publicouse o catálogo xeral ELASTIC Group of Artistic Research Videology 1999-2019, un libro de arte e videoteca ao mesmo tempo, un pequeno museo virtual que recolle máis de 20 anos de investigación artística en vídeo.