Elena Quiroga de Abarca


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 26 de outubro de 1921 (†3 de outubro de 1995)
Lugar de Nacemento: Santander
 Currículum

Pasou gran parte da súa infancia en Galicia, rematando os seus estudios secundarios en Roma. En 1938 regresa a Ourense, trasladándose despois a Barcelona e en 1942 á Coruña.

 Obras realizadas

En 1948 publica a súa primeira novela La soledad sonora, editada pola Deputación da Coruña. O seu gran auxe produciuse con Viento del Norte (Premio Nadal). A esta novela seguírona outras catro: La sangre, La otra ciudad, Trayecto uno e Algo pasa en la calle. Despois de trasladarse a Madrid seguiu escribindo e publicou: La enferma, Plácida la joven, La última corrida, Tristura, que será o inicio dunha triloxía que continúa con Escribo tu nombre e Grandes soledades (que deixou inacabada á súa morte). A súa última novela foi Presente profundo.

 Outros datos de interese

Foi galardoada co Premio Nadal e co premio da crítica. En 1983 ocupa o cadeira "a" da RAE co discurso "Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro". En 1990 a Xunta de Galicia concédelle, como recoñecemento á súa obra literaria e a súa dedicación a Galicia, a medalla Castelao.