Traballou na noite compostelá durante 10 anos montando o pub La Radio. En 1995 matriculouse no Centro Superior de Hostalería de Galicia, obtendo o Gran Diploma en Xestión Hoteleira. Empezou a traballar como subdirector no Río Parque Cristóbal (3 estrelas) en Tenerife, desde onde foi trasladado a Marrocos para inaugura-lo Club Hotel Río Tikich (5 estrelas) como director. Despois dun ano foi trasladado a Tenerife, ó hotel Río Mecas (4 estrelas) onde está un ano como director, obtendo o premio Tui Holly que distinguiu ó hotel como o mellor hotel vacacional do mundo. Foi director do Gran Hotel de Lugo e na actualidade é subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Fala catro idiomas: español, inglés, francés e alemán.