Ana Pérez Cerviño


Categoría: Escritora, ilustradora e deseñadora gráfica
Data de Nacemento: 5 de xaneiro de 1986
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)

   Cultura

Opinión
 Currículum

Desenvolve o seu campo de traballo en varios sectores: no deseño gráfico (investigando actualmente na creación web), a arte (ampliando o seu mundo no arte dixital e a fusión do arte coa publicidade), o vídeo-arte, a ilustración e a literatura.
Comezou a súa andadura artística fai cinco anos aproximadamente cando empezou a realizar os seus estudios de Arte e obradoiros literarios xunto aos seus estudios regulamentarios.
Posteriormente participa en diversos obradoiros literarios dando clases sobre iniciación á poesía e dando recitais poéticos e literarios en Vigo e arredores.

 

 Obras realizadas

Publica "Susurros e miradas" en 2004 con Edicións Cardeñoso e a partir de aí colabora en diversas revistas literarias como "El Ermitaño", “Amateurs Hotel”, "El Margen" e diversas antoloxías do Centro de Estudios Poéticos de Madrid...
Realiza varias exposicións de arte e vídeo creacións, entre elas a de colaboración na derradeira Feira de Arte Contemporánea de Vigo xunto a "La Bañera con Trampolín" e a súa exposición “Utopía”, que realizou en marzo no Punto Xove de Vigo.
Traballou facendo locucións e gravacións de textos literarios.
É artista profesional nomeada polo Aicoa e membro (socia) da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Actualmente, continúa especializándose no seu medio, o deseño; segue escribindo, continúa co seu proxecto do Obradoiro de Poesía Visual, prepara a revista e proxecto cultural The DreamMaker (O creador de soños) e as súas colaboracións artísticas no medio visual e artístico.