Fernando Pérez Fernández


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 1982
Lugar de Nacemento: Lousame (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Fernando comenzou a súa educación musical con curta idade, axudado polo desexo de formar unha Banda de Música no seu pobo natal, Lousame, unha vila a cabalo entre o mar e a montaña. Por azar foi elixido para tocar a trompa, pero a chamada da guitarra non tardou en aparecer e así foi compaxinando ambos instrumentos ata o seu ingreso no Conservatorio. Tocar un instrumento de vento deulle a posibilidade de formarse tocando música de conxunto, tanto na Banda Municipal de Música de Lousame como noutras tantas bandas galegas. Con 10 anos ingresa no Conservatorio Profesional Felipe Paz Carbajal de Noia e máis tarde trasládase á Coruña para terminar o Grao Profesional no Conservatorio desa mesma cidade, onde tamén obtería a súa licenciatura no Conservatorio Superior de Música con Ramón Carnota Méndez, na especialidade de Guitarra Clásica, ainda que tamén recibe formación en música de conxunto, historia da música, repentización e acompañamento, transcrición, edición e análise. Dende o ano 2007, avalado pola obtención do Certificado de Aptitude Pedagóxica na Universidade da Coruña, Fernando exerce de docente en Galicia e disfruta tocando con instrumentos construídos por Lourdes Uncilla, César Arias e Francisco Santiago Marín.

 Obras realizadas

En 2013 edita o seu primeiro CD como solista co selo iTinerant Classics, “Feel Past Fret, un viaje por las emociones guitarrísticas”, onde toca música de Narváez, Sanz, Guerau, Legnani, Tárrega, Vide, Kapsperger e sete estudos propios, cunha partitura que está dispoñible no libro “Guitarra. Técnica e interpretación”, publicado pola editorial Dos Acordes.

Durante o curso 2013/2014 estudia co profesor Xavier Díaz-Latorre, entre outros, un Máster en Interpretación da Música Antigua na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC), en colaboración coa Universidade Autónoma de Barcelona (UAB).