É licenciado en Enxeñería de Telecomunicación pola Universidade de Vigo, licenciado en Dereito pola UNED e doutor enxeñeiro pola Universidade de Valladolid. E profesor titular da Universidade Pública de Navarra, responsable da área de política de telecomunicacións da Universidade Pública de Navarra e director do CISS (Center of Information Society Studies). Tamén informa en Bruxelas da situación legal e institucional en telefonía móbil e da elaboración de propostas lexislativas.
Como director do CISS, levou a cabao diversos proxectos de investigación para o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Publicou máis de 25 traballos, impartiu cursos e seminarios en diversas universidades e presentou relatorios en conferencias. Ten traballado como investigador no Instituto Tecnolóxico de Dublín (Irlanda), no Centro Canadiense de Investigación en Telecomunicación en Vitoria (Canadá) e na Universidade Tecnolóxica de Dlft (Holanda).