Aurora López López


Categoría: Profesora e escritora
Data de Nacemento: 16 de xaneiro de 1948
Lugar de Nacemento: Sarria (Lugo)
 Currículum

Doutora en Filoloxía Clásica por Universidade de Salamanca. É profesora titular de Filoloxía Latina na Universidade de Granada. Especialista en Literatura latina, traballa sobre todo nos campos da comedia e da literatura escrita por mulleres ou concernente a elas.

 Obras realizadas

No campo da Literatura Galega publicou, en colaboración con Andrés Pociña, varios volumes sobre Rosalía de Castro. No campo musical, é compositora e intérprete de canción galega, destacando neste aspecto o libro-disco Saloucos. Quince poetas da terra nai, (Vigo, 1999), colección de quince composicións sobre poemas de quince poetas de Galicia, desde Pondal ata Claudio Rodríguez Fer, interpretadas tamén por ela e acompañada ó piano por Teresa Luján. Entre as obras dedicadas á Literatura Latina podemos destacar: No sólo hilaron lana. Escritoras Romanas en prosa y verso, Madrid, 1994 e Modelando con palabras. La elaboración de las imágenes de Catón y Cornelia, Madrid, 1998; etc. Sobre Literatura Galega destacan as obras: Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica (1937-1990), 3 vol. A Coruña, 1991-1993; Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Santiago, 2000 y Conversas con Maruxa Villanueva, A Coruña, 1995; etc.