Miguel Álvarez López


Categoría: Filólogo
Data de Nacemento: 1 de setembro de 1974
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela en xuño de 1997. Posteriormente, realizou o máster de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia e obtivo o título de técnico superior en Comercio Exterior do ICEX. Desenvolveu o seu labor profesional en La Voz de Galicia, Radio Voz e Onda Cero, onde compaxinou a información local e a deportiva con tarefas técnicas. Na actualidade é o redactor xefe do Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, actividade que complementa coa de asesor parlamentario da Secretaría Xeral de Comunicación do Goberno galego.