Teodomiro Cardalda Gestoso


Pseudónimo:Teo Cardalda
Categoría: Cantante, músico e compositor
Data de Nacemento: 7 de outubro de 1962
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Aínda que naceu en Vigo, parte da súa infancia pasouna en Vilaxoán de Arousa, a terra do seu pai. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo ‘Golpes Bajos’, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo ‘Cómplices’ coa súa dona María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo do grupo ‘Los Secretos’.

 Obras realizadas

Realizou a banda sonora para a serie ‘Nada es para siempre ‘. En solitario gravou o disco ‘Uno’ (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan, ‘Manzanas’ (1983), ‘Ángeles Desangelados’ (1989), ‘La Danza de la Ciudad’ (1990), ‘Está llorando el sol’ (1991), ‘Preguntas y Flores’ (1993), ‘Cousas de Meigas’ (1999) e ‘Cómplices’ (2000). Na actualidade compón bandas sonoras para películas e está preparando un novo traballo discográfico.

 Outros datos de interese

É un gran amante da natureza e un firme defensor da ecoloxía. Comparte a súa residencia entre Madrid e Ribadeo.