Foi discípulo de Velázquez en Madrid e o único pintor galego da corte de Felipe IV.
O seu primeiro cadro é un "San Jerónimo". Pintou cadros de temática relixiosa pero foi principalmente pintor de cadros de xénero, costumista, de xentes sinxelas, El afilador, El sacamuelas, La Taberna, El Aceitero, La sopa de los pobres, Muchacho riendo, Gitana, Negrito moliendo chocolate, Retrato de joven con armadura, Bebedor... Tamén realizou retratos de Felipe IV, a reina, o Conde-Duque de Olivares e outros personaxes da Corte. As súas obras están nos museos provinciais de Pontevedra e Ourense, en Caixavigo, en coleccións privadas e en museos estranxeiros.