Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1978. Traballou no Ambulatorio "Virxe Peregrina" de Pontevedra.
Comenza a su vinculación ó nacionalismo e participa en distintos movementos sociais e ecoloxistas en 1974. En 1983, é elixido concelleiro do BNG en Samos(Lugo). Desde 1987 ata xullo de 1999 é portavoz municipal do BNG no Concello de Pontevedra. O 3 de xullo de 1999 tomou posesión como alcalde de Pontevedra.
Dentro do seu partido formou parte do Consello Nacional e da Permanente do BNG. Actualmente é o responsable local do BNG en Pontevedra e membro do Consello Local.