Perfecto Yebra Martul-Ortega


Categoría: Catedrático de Dereito
Lugar de Nacemento: La Habana (Cuba)
 Currículum

Licenciado na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago (1962-1966) e doutor en Dereito pola mesma Universidade (1970), realizou estudos no estranxeiro: Salzburgo (1965), Radolfzell - Alemaña (1967), Coimbra (1971), Salzburg (1972), Heidelberg (1973), Coimbra (1973) e Colonia (1997).
Desde o punto de vista profesional foi profesor axudante de clases prácticas de Economía e Facenda Pública da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago (1966-67 e 1967-68), profesor adxunto (1968-1973), Profesor Titular de Dereito financeiro e Tributario (1973-1990), catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago desde 1990, catedrático emérito da Universidade de Santiago desde o 1 de outubro de 2004 e maxistrado suplente do Tribunal de Xustiza de Galicia (ano xudicial: 1990-1991).
Conseguiu bolsas do Ministerio de Educación e Ciencia, da Deutscher Akademischer Austauschdienst, da Fundación Fulbright e de Alexander von Humboldt-Stiftung.

 Obras realizadas

Deputado constituínte no Congreso en 1977 por Unión de Centro Democrático, pola provincia da Coruña, foi membro do Consello de Europa en representación de UCD (1979), deputado da 1ª lexislatura en 1979 por UCD e pola provincia da Coruña, membro do Consello de Dirección da Unión Interparlamentaria (1979-1982), membro da Comisión Mixta Parlamento Europeo - Parlamento Español (1979-1982), director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (outubro de 1987 - febreiro de 1988), voceiro da Xunta Electoral de Galicia (1982-1994 e agosto de 1997-1999) e concelleiro de Santiago de Compostela polo Partido Popular, eleccións xuño de 1999.
É membro da Orde ó Mérito Constitucional, voceiro do Padroado do Museo do Pobo Galego, membro da Asociación Alexander Von Humboldt de España (vicepresidente desde setembro de 1998 ata 2006), membro da Asociación J. Willian Fulbright, membro da Asociación Española de Dereito Financeiro (A.E.D.F.), membro da Asociación de Profesores de Dereito Financeiro e Tributario e membro da European Association of Tax Law Professors. Desde maio de 2004, tamén é presidente da Asociación de antigos Alumnos da USC.

 Outros datos de interese

É autor de numerosos libros e publicacións.