Mª Inmaculada González Salvadores


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 6 de decembro de 1969
Lugar de Nacemento: Madrid

   Cultura
 Currículum

Licenciada en Belas Artes na especialidade de Pintura pola Universidade Complutense de Madrid (1999), realizou o Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP) na mesma universidade en 2000 e un ano máis tarde matriculouse en Historia na Universidade Nacional de Educación a Distancia. Realizou, ademais, os seguintes cursos:
2003: Curso de pintura impartido polo pintor Miguel Macías (Museo Provincial de Lugo), curso de gravado impartido por Isabel Somoza (Museo Provincial de Lugo), curso de modelado (Museo Provincial de Lugo) e curso ‘El Arte Gallego en el Museo Provincial de Lugo’ (Lugo).
2002: Curso de Deseño Gráfico (Photoshop e FreeHand), Madrid.
2000-02: Obra pictórica en estudio compartido con outros artistas en Nave Norte, Fuencarral (Madrid).
1999-00: Debuxo do natural e pintura, Academia Peña (Madrid).
1999: Obradoiro de pintura ‘Pablo Ruiz Picasso’, impartido por Juan Genovés, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (A Coruña) e prácticas de Pintura Mural na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, baixo a dirección de Manuel Colina.
1998: Talla en pedra no obradoiro do escultor Manuel Mayo Mayo (Lugo).
1994-95: Curso de apuntes de debuxo do natural no Museo Provincial de Lugo.
1993: ‘Naturalidad de un retrato’, obradoiro de Fotografía, realizado no estudio fotográfico 'F8 Fotógrafos’ (Madrid).
1991-92: Curso práctico de fotografía realizado no estudio ‘F8 Fotógrafos’ (Madrid), Pintura, ‘Academia Peña’, (Madrid) e pintura no estudio de Antonio Avari, Sarria (Lugo).
1989-90: Debuxo do natural, Academia Peña (Madrid).
1989: Debuxo do natural no estudio do pintor José Joaquín García Gesto (Lugo). Ademais da súa actividade como pintora, impartiu clases de pintura durante o curso 2003-04 no Colexio Fingoi e no Colexio Divino Maestro de Lugo e foi monitora de fotografía no Centro Cultural de Fingoi (Lugo). No ano 2003 impartiu un curso de modelado para nenos no Museo Provincial de Lugo e foi monitora de fotografía e deu clases de pintura en diferentes centros culturais de Madrid. Realizou, ademais, outro tipo de traballos como dependenta nas tendas do Museo do Prado (2002-03), auxiliar de farmacia (1999-02), dependenta na tenda de decoración “Antenae” de Madrid (1998-99), Terceiro Congreso de Internet. Pavillón de Interdomain, Pazo de Congresos – Madrid (1998), realización de varias reportaxes fotográficas para a empresa de arquitectura e urbanismo ARTCO S.L. de Lugo (1996-97) e realización de enquisas nas eleccións autonómicas de Galicia en Lugo (1989).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS
2003: Exposición colectiva ‘Grupo 20’, Museo Provincial de Lugo (Lugo) e Casa de Galicia (Madrid).
2002: Exposición colectiva no Ilustre Colexio de Avogados de Madrid e exposición colectiva ‘767’, Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela).
2001: Exposición Colectiva ‘Diez+Diez’, organizada pola Xunta de Galicia, Casa da Parra (Santiago de Compostela).
2000: Exposición individual de pintura ‘Signos Mágicos’, Centro Cultural Buenavista (Madrid).
1999: Exposición colectiva de pintura en homenaxe a Antonio Avari, Casa da Cultura de Sarria (Lugo) e exposición dun mural políptico no vestíbulo do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, Alumnos do obradoiro ‘Pablo Ruiz Picasso’.

CONCURSOS
2001: Participación no Primeiro Concurso de Pintura ó Aire Libre de Alcalá de Henares (Madrid).
2000: Seleccionada para a bolsa de pintura ‘Premio Peña’ na Academia Peña de Madrid e participación no 'XII Certame Nacional de Pintura Rápida', Parque do Bo Retiro (Madrid).
1993-94: Participación no 'Concurso de Pintura al Aire Libre de Expansión a la Bolsa' (Madrid).

MUSEOS
1999: Obra adquirida polo Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa (A Coruña).

 Outros datos de interese

Realizou cursos de inglés durante dous veráns en Jersey (Inglaterra) e realizou visitas culturais a Roma, Estados Unidos, Francia e Portugal. Realizou, ademais, traballo de voluntariado con enfermos de sida na Casa das Misioneiras da Caridade (Madrid, 1997-98) e con fillos de mulleres maltratadas nun Centro de Acollida na Comunidade de Madrid (1994).