Xoán Manuel Casado Martínez-Carmona


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 31 de decembro de 1949 (†19 de xaneiro de 2002)
Lugar de Nacemento: Barcelona
 Currículum

Estudiou Dereito na Universidade Central de Barcelona e exerceu como avogado. Foi un dos redactores que elaborou a publicación "O Pote", que se presentaba como "Órgano de expresión do Grupo Anónimo de Barcelona" e que se distribuíu gratuitamente entre 1996 e 1999.

 Obras realizadas

Publicou poemas como Rexistros de menores espantos (1973), Os preludios (1980), Libro de Caldelas (1982) e Antigo futuro (1986) e as obras de narrativa O inverno do lobo (1985) e Os brasileiros (1986). Xunto ó seu pai, asinou en 1981 a Mostra antolóxica de poetas contemporáneos, un libro no que traduce ó galego textos dalgúns poetas europeos.

 Outros datos de interese

Entre as súas afeccións destacaban as corridas de touros. En 1986, deu unha conferencia sobre o tema na semana taurina das Festas da Peregrina.