Antonio Fernández Morales


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1817 (†En 1896)
Lugar de Nacemento: Astorga (León)
 Currículum

Cando Antonio Fernández era aínda un neno trasladouse cos seus pais a Cacabelos, onde aprendeu a lingua galega. Con dezasete anos ingresou no Colexio de Distinguidos de Valladolid despois de remata-los seus estudios de Filosofía no Seminario de Astorga. En 1868 participou como tenente coronel no levantamento que derrocou a Isabel II. En 1870 foi nomeado gobernador militar de Toledo e saíu elixido deputado polo distrito de Villafranca do Bierzo nas filas do Partido Radical.

 Obras realizadas

En 1847, coñeceu ó filólogo Mariano Cubí y Soler, que o convenceu para que compuxese algúns poemas en berciano. De aí saíu o libro Ensayos poéticos en dialecto berciano (León, 1861) composto por dezaseis poemas, unha introducción de Cubí e outra do poeta e catro poemas de gabanza ó autor. Excepto o poema titulado "Cuento satírico", tódolos demais están integramente escritos en berciano.