Eva María Teijeiro Suárez


Pseudónimo: Eva Teixeiro, TeiS.
Categoría: Profesora e escritora
Data de Nacemento: 3 de xuño de 1975
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Licenciada en Filoloxía Hispánica, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Licenciada en Humanidades, pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Matriculada no Programa de Doutorado Estudios da Literatura e da Cultura da USC.

Docente de Lingua Castelá e Literatura no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

 Obras realizadas

Obras de Ficción:

Composición 'O meu amor' na revista "A Jillotina" (IES Ánxel Fole), 1993.

Colaboración en proxectos colectivos, co pseudónimo TeiS: Alén do silencio (2014), co poema 'Vexo Lugo baixo a neve'; Un libro de libros (2014) co conxunto de poemas e ilustracións 'Arqueoloxía'; Manuel María. Libro colectivo de homenaxe (2017) co poema 'Eu son da tribo'.

Coautora de Contármonos, das Comadres das Letras, Alvarellos, 2023.

Autora de mapa.gal (setembro 2023)

 

Obras Non ficción:

Artigos "El humor gráfico gallego y el contacto entre lenguas: tendencias y evolución a lo largo del s. XX" (en "Res Diachronicae, nº 4, 2005), “Haiku. Creatividade oriental nas aulas galegas” (en Abeiro, 2009) e "Xaquín Marín nos inicios do humor gráfico galego" (en "Tebeoesfera", 2017).

Publicacións no xornal 'Nós': "Manual para rachar o silencio" (12-9-2020), "Os camiños das palabras" (17-5-2022) e "Mans para mapa" (30-11-2023).

 Outros datos de interese

Responsable dos blogs de creación http://probaorellas.blogspot.com/ e https://entrenodiariocanti.blogspot.com/

Forma parte do colectivo de escrita Comadres das Letras.

Promotora e participante en distintos Clubs de Lectura.

Responsable do Club de Lectura "Saleta" na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

Colaboradora da ruta "Quiroga, territorio literario"

Ponente/coordinadora en distintas actividades de formación.

1º Premio no VI Certame Literario 'A Pipa' 1997 co poema 'Mencer'

Premio 'MicrorrelatAs' 2021 na última semana do certame co relato 'Haraquiri sentimental'

Accésit de Poesía no XXVII Certame Literario Manuel Orestes Rodríguez López (2021) co poema "Trasacordo".