Vicente Irisarri Castro


Categoría: Alcalde de Ferrol
Data de Nacemento: En 1951
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

É enxeñeiro naval pola Universidade de Madrid e realizou varios cursos de postgrado.

 Obras realizadas

A súa experiencia profesional sempre estivo centrada principalmente na xestión empresarial, tanto en empresas privadas como públicas.
Actualmente é o alcalde de Ferrol, pero antes desempeñou o cargo de presidente de Portos de Galicia, ente público adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, dende onde participou na planificación e xestión do sistema portuario galego, infraestruturas claves para o desenvolvemento económico de Galicia.
Anteriormente e ligado a Ferrol, exerceu como director de Fenya e tamén de Passco -Cooperativa situada na Coruña, Vigo e Lugo- e como presidente da Xunta do Porto -máis tarde Autoridade Portuaria- de Ferrol, na puxante etapa na que se remodelou a zona do peirao de Curuxeiras, cos seus paseos e terrazas, se crearon as praias de Caranza e A Graña, se puxo en funcionamento o chamado Novo Peirao, a terminal de Endesa e se ideou con grande fe e ilusión ese Porto Exterior que hoxe é xa unha realidade.
Todo isto, naturalmente, grazas ao magnífico traballo en equipo do persoal do Porto e a colaboración con tódalas institucións municipais, galegas e do Estado.

 Outros datos de interese

Ao marxe do traballo, fundou e dirixiu durante 18 anos o club Océano Surf Club e a competición internacional Pantín Classic.