Jose María Busta Rodríguez


Pseudónimo:Busta
Data de Nacemento: 20 de febreiro de 1946 (†23 de decembro de 2008)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Licenciado en Ciencias Matemáticas en xuño de 1970. No curso 1870-71 inicia a súa formación informática no Centro de Cálculo da Universidade de Madrid, cunha bolsa da Universidade de Santiago. Do curso 1970-71 ó 1973-74 é director do Centro de Cálculo da Universidade de Santiago. No curso 1974-75 obtén unha bolsa do INRA (Instituto Nacional de Investigación en Informática e Automática) de París para traballar no proxecto CYCLADES. Rede de Ordenadores, onde inicia a súa formación en Bases de Datos. Nos cursos 1975-76, 1976-77 e 1977-78 continúa dirixindo o centro de Cálculo da Universidade de Santiago. O 12-10-1978 le a tese doutoral "Integridad externa de una Base de Datos distribuida en una Red General de Ordenadores", obtendo a nota de sobresaliente cum laude e premio nacional CITEMA á mellor tese doutoral en Informática lida en España desde o 1-1-1978 ó 1-1-1980. Continuou ata o ano 1984 como director de Centro de Cálculo e profesor na Facultade de Económicas e Empresariais.

 Obras realizadas

Desde 1978 ata 1984 foi presidente da ACU (Asociación de Centros de Cálculo Universitarios de España). En 1978 e en 1982 organiza SEIR 1 e SEIR 2 (Simposio Español de Informática Repartida). O terceiro congreso realizaríase en 1999: SEID99 (Simposio Español de Informática Distribuida) en Santiago. Desde 1976 a 1984 escribe artigos en revistas especializadas. En 1984 en colaboración con Serge Miranda publica o libro en tres tomos L'art des Bases de Données que vai pola 5ª edición (en francés). Desde 1984 ata 2008 foi profesor titular no Departamento de Electrónica e Computación, aínda que a súa actividade era na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

 Outros datos de interese

En 1984 ten un accidente de bicicleta, está 60 días en coma na UCI do Hospital de Santiago e queda parapléxico e moi afectado de memoria nos primeiros 4 anos. Desde 1989 ven impartindo cursos de doutoramento na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. En 1998 publica un artigo de Base de Datos na revista "Informática e Automática".