Desde moi neno practicou moito o debuxo a instancias de Rafael Álvarez, tío político do seu pai, un consumado artista acibecheiro e restaurador do Museo do Prado.
En 1980 traballou en Deseño e Montaxe no departamento de arte e fotocomposición editorial dunha empresa importadora en Barcelona.
Durante unha frutífera etapa en Artes Gráficas axudou a J. Farró, un dos ilustradores cataláns do cómic e discípulo de Ibáñez, na ilustración de tarxetas postais.
En 1988 estableceuse en Sotrondio, en plena conca mineira asturiana do Nalón, e sería Luís García Bernardo, da Escola de San Fernando, do que tomaría leccións inestimables no seu estudio.
En 1990, en Potes (Cantabria), experimentou con acrílicos, desconchados e novos formatos. Aínda que sen renunciar ó óleo, o acrílico iría calando máis na técnica de arte paisaxista, para ofrecer ó público un traballo rápido e eficaz. Céntrase na arte para a hostalería lebaniega realizando pinturas e vidreiras para casas de turismo rural.
Tomou valiosos apuntes paisaxísticos percorrendo lugares pintorescos como Polaciones, Tudanca, Cabezón de Liébana, o fermoso Valle de Camaleño, Cillorigo, Pesaguero, a marabillosa Vega de Liébana, Lamasón, Peñarrubia ou Rionansa.
A Sala principal de exposicións da Fundación Fredo Árias de la Canal de Frente de Afirmación Hispanista A.C. de México (FAH) sería o marco para a súa primeira exposición individual. A luz reflectida na pedra, as covas con osos, as oquedades e paisaxes, serán os temas predominantes da súa exitosa exposición titulada "De la obscuridad a la luz...", aberta ó público desde o 1 ó 16 de setembro de 1990 e amplamente visitada e teletransmitida pola TV Cántabra.
En 1996 comeza unha tranquilizante época pero chea de moito traballo. A paz que respira en Caldas de Reis (Pontevedra) chega a ser para el como o su "Arlés personal" e goza como nunca da compañía doutros artistas pero moi especialmente do escultor e escritor Xuan Domato Castro, do que agradece a súa estreita colaboración e de terse encargado de varios retratos á cera de personaxes ilustres da vila.
A comezos de 1998 comeza en Astorga (León) a deseñar en 3D as súas paisaxes virtuais e xorde o "Espiculaismo", un estilo pictórico-dixital no que se mesturan longas luces ou sombras en forma de espiñas dimensionais no conxunto do espazo volumétrico que lle daría linguaxe á súa obra pero que abandonaría máis tarde, centrándose máis “no seu”, que é a paisaxe impresionista, pero sen abandonar por iso as novas técnicas do net-art.
Na actualidade é presidente dunha Sociedade Artística Galega (AACA), realizando exposicións conxuntas e individuais.