Alfredo Somoza Gutiérrez


Categoría: Galeguista
Data de Nacemento: 8 de abril de 1892 (†29 de outubro de 1951)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Tras estudiar Contabilidade na súa cidade natal, empezou a traballar nunha fábrica de calzados. Participou na fundación das Xuventudes Galeguistas e das Irmandades da Fala e colaborou moi a miúdo nos xornais coruñeses Nós e Terra Galega. En 1936 foi elixido deputado a Cortes e desde o inicio da Guerra Civil viviu escondido durante once anos na Coruña. En 1947 fuxiu a Francia e tras poñerse en contacto co seu primo Alfonso Rodríguez Castelao, que naquel entón xa estaba en Bos Aires, trasladouse a Montevideo en 1948.