Xosé María Gómez Vilabella


Categoría: Escritor e investigador
Lugar de Nacemento: Castroverde (Lugo)

Opinión

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

A Gómez Vilabella definiuno o ilustre Manuel María no soarego que lle fixo para o seu libro '¿Pódese pasar?' como 'un milmañas'. Con só os estudos de Primaria fixo dous anos de 'Mestre de a ferrado' e tamén foi zoqueiro. Estivo tres anos de mecanógrafo no Consello Supremo de Xustiza Militar, aproveitados para preparar oposicións de Banca. O xeneral Martínez Campos (neto), entón presidente da Real Academia da Historia, deulle o carné de investigador nº 6, que lle permitiu desempoar atados no A.H.N., dos que tirou, aos 21 anos, o seu libro “Castroverde. Bosquejo Histórico Geográfico”. Desde entón non parou de traballar, de estudar e de publicar. Os estudos, por nocturno, por libre e pola UNED. Aos 26 anos era director da sucursal do Banco Exterior de España en Sidi Ifni. Incorporado ao 'Batallón da gabardina', como somatenista, participou na defensa do Banco na guerra de 1957/58 e foi condecorado polo Exército. No Banco Exterior estivo destinado, posteriormente, en Aaiún, en Xixón e na Coruña, onde se retirou. Na Coruña tivo unha asesoría fiscal.

 Obras realizadas

Con entrada en Internet, ten o blog:  http://gomezvilabella.blogspot.com , no que leva incorporados 146 libros. Pero ten máis pendentes de subir. Conferencias, pregóns, artigos e series en varios medios, etc.

 Outros datos de interese

Cando se cansa do ordenador vaise para a súa finca de Montecubeiro, onde está logrando un auténtico xardín botánico.

En 2023, 'Amigos do Patrimonio' rendeulle unha homenaxe, onde foi nomeado Socio de Honra. La Voz de Galicia, 2/10/2023.