Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña. Foi Profesor de Psicoloxía da Educación na Universidade de Oviedo desde 1989 a 1991. Na actualidade é Catedrático de Psicoloxía da Educación e Director do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade da Coruña. Foi fundador da Asociación Galega de Psicopedagoxía e da Revista Galega de Psicopedagoxía. Forma parte de varios consellos editoriais de revistas científicas e é Director Asociado da Revista Iberoamericana de Psicología y Salud. É autor de numerosas publicacións científicas, tanto nacionais como internacionais, no campo da psicoloxía da educación, destacando especialmente as súas investigacións sobre motivación académica, estratexias de aprendizaxe e a súa influencia na aprendizaxe dos estudantes.
Como obras máis relevantes publicadas en colaboración poderíanse destacar as seguintes:
−Manual de Psicología de la Educación. Madrid: Pirámide.
−Estrategias y Técnicas de Estudio. Cómo Aprender a Estudiar Estratégicamente. Madrid: Pearson Prentice Hall.
−Los Recursos Motivacionales. Programa para Mejorar su Gestión. Madrid: CEPE.
−El Estudiante Eficaz. Aprendizaje y Enseñanza de Habilidades de Estudio. Madrid: CCS.
−Handbook of Instructional Resources and their Applications in the Classroom. Nueva York: Nova Science Publishers, Inc.
−Motivar enseñando. La integración de estrategias motivadoras en el currículo escolar. Madrid: CCS.
Tamén publicou numerosos artigos científicos en revistas de prestixio a nivel internacional no campo da psicoloxía e da educación, entre as que destacan: British Journal of Educational Psychology, Psychology in the Schools, Research in Higher Education, Psicothema, Learning and Individual Differences, Universitas Psychologica, The Spanish Journal of Psychology, Revista Mexicana de Psicología, Revista Latinoamericana de Psicología e European Journal of Psychology of Education.