É profesor de Literatura, poeta e crítico literario. Ten publicado, ademais, obra narrativa e teatral. É autor de poemas-obxecto e visuais.Como poeta recibiu o Premio "Esquío" (1986), o Premio da Asociación de Críticos de España (1987), o Premio da Crítica de Galiza (1998) e o Premio "González Garcés" (1999). Publicou edicións comentadas de libros de Celso Emilio Ferreiro, a edición da Poesía Galega completa de Xosé María Álvarez Blázquez e diversos estudios sobre poetas galegos contemporáneos, entre eles Álvaro Cunqueiro, Avilés de Taramancos e Xavier R. Baixeras.
POESÍA: Praia das furnas (1983), Arquitecturas de cinza (1985), Os documentos da sombra (1986), Luminoso lugar de abatimento (1987), Cimo das idades tristes (1988), Fragmentos de mar (1989), O lume branco (1991), Colección de espellos (1994), A escrita das aves de marzo (1997), Calendario perpetuo (1997), Os cadernos da ira (1999), Vocabulario das orixes (2000).NARRATIVA:Microtopofanías (1992), A luz dos desnortados (1996), Pedro e as nubes (1996). POESÍA INFANTIL: Ganapán das palabras (1998).
-A súa obra poética está traducida ó catalán, francés, portugués, italiano e inglés. -Forma parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e do Equipo Coordinador do Foro da Cultura Galega.