É catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES Lucus Augusti (Lugo), centro do que é vicedirector desde o ano 2004 e sobre o cal leva publicado numerosos traballos de carácter multidisciplinar: Olladas ó Lucus Augusti (2003), Fornos e alambiques (Da cultura popular ó laboratorio) (2003), Papel e pincel. Pintores e escultores do Instituto de Lugo (2004), Autores do Instituto de Lugo (2005), A Colección de Arte do IES Lucus Augusti (2006), A Voz da Terra. Músicos do Instituto Lucus Augusti (CD, 2006), 40 anos de canción galega no IES Lucus Augusti (DVD, 2007), Políticos do Instituto Lucus Augusti (2007), Científicos do Instituto Lucus Augusti (2008), Uxío Novoneyra e o Instituto (2010), Letras no Lucus (DVD, 2010) e O xogo de Lucus Augusto (2010).
Foi profesor de Didáctica no ICE da Universidade de Santiago de Compostela, coordinador provincial do Gabinete da Reforma Educativa e coordinador docente de Galego da Dirección Xeral de Política Lingüística.
Colaborador na prensa galega e en revistas literarias (Dorna, Grial, Espacios, O Libelo, Fogar de Breogán, Pazo das Musas, Xistral, etc.), recibiu varios premios de carácter literario e didáctico: Buril das Letras Galegas (Burela, 1986), Grugalma (Madrid, 1990), Xunta de Galicia de Materiais Curriculares (Santiago, 1992), Rosalía de Castro (Cornellá, 1993), etc.
Coordinou edicións de textos escolares para ESO e BAC e a colección Cadernos para o ensino. Publicou diversos traballos sobre autores galegos: Pondal, Cabanillas, Losada Diéguez, Castelao, Risco, Otero Pedrayo, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Álvarez Blázquez…e colaborou na tradución ao galego do Codice Calixtino (2009) e no Diccionario Galego-Latino, clasico e moderno (2010).
Participou en traballos colectivos (Vocabulario Galego de FP; Os escritores lucenses arredor de Fole; Lingua Galega. Marco curricular; DCB Lingua Galega; Poemas e contos da muralla, Poetas en Lugo; Ronsel, etc.) e individuais: Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), A natureza en “La hija del mar” (Rosalía de Castro)(1986), Escolma poético-musical galega (1990), Lingua e publicidade (1993), Humorismo e lírica satírica (1996), etc. É autor dos poemarios: Prestixio. Versos sen nicotina (2003), Retratos literarios (2005) e Elementos de arquitectura sentimentalista (2007).