María Xosé Ares Rodríguez


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 1 de xaneiro 1963
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

Licenciada en Belas Artes (especialidade de Pintura) pola Universidade de Vigo en 1998 e arquitecta técnica pola Universidade da Coruña (1987), é profesora de Debuxo no IES Johan Carballeira de Bueu (Pontevedra).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2002: “Deshabitando”, itinerante, Biblioteca Provincial de Lugo e Sala Teucro de Pontevedra.
2000: “Extravíos” (pintura e instalacións), Sala Ángel Botello, Cangas (Pontevedra), “Lindeiros”, (pintura), Sala A. Domínguez Búa, Bueu (Pontevedra) e “Ausencias” (fotografía), Sala A. Domínguez Búa, Bueu (Pontevedra).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
2002: I Salón de Primavera, Galería Arga, Moaña (Pontevedra).
2001: “Identidades Feridas”, Fundación Laxeiro, Casa das Artes, Vigo.
2000: 1º Concurso Exposición de Pintura, Asociación Artística Cultural de Pontevedra; Auditorio Caixa de Pontevedra; “Arte no Morrazo”, Cangas (Pontevedra).
1999: “Arte no Morrazo”, Cangas (Pontevedra).
1998: 1ª Convocatoria de Pintura Comarca do Sar para Novos Valores, Padrón (A Coruña); “Novos Valores 98”, Deputación de Pontevedra.
1996: “Arte no Morrazo”, Cangas (Pontevedra).
1992: Lugonova 92, Cervo (Lugo).
1990: Lugonova 90, Cervo (Lugo).

No ano 2003 fixo as ilustracións do libro Gimnasia Artística. Los fundamentos de la técnica, de Francisco Sáez Pastor, Editorial Biblioteca Nueva e dos artigos “El ser de los gallegos” e “Nostalgia de las vanguardias”, de Francisco Gimeno Suances, publicados na revista “Liceus”, número 5 e 6 respectivamente.

 Outros datos de interese

En 1996 gañou o premio de pintura da VI Mostra de Pintura e Escultura de “Arte no Morrazo”, Cangas (Pontevedra). Está incluida na “Guía de Artistas de Galicia”, Xunta de Galicia.