Ingresa na carreira militar en 1896 e en Filipinas recibe o seu bautizo de fogo, obtendo diversas condecoracións militares. En 1897 ascende a tenente, en 1905 a capitán e en 1909 obtén o diploma de Estado Maior. Máis tarde é destinado a África, renunciando ó Estado Maior, en 1914 ascende a comandante e en 1920 a tenente coronel, sendo encargado da fundación do Tercio de Estranxeiros, ou Lexión, tendo a Franco como 2º xefe. Interveu en numerosas accións de guerra, recibindo a medalla militar individual. Asumiu o mando da Lexión, ascendeu a coronel por méritos de guerra, a xeneral de brigada e ó retirarse a xeneral de división por estar en posesión da medalla militar individual. Ó desencadearse a Guerra Civil poñerase ó lado de Franco, que o destina a misións de propaganda. Ó finaliza-la guerra foi nomeado director xeral do Corpo de Mutilados.
Foi o autor dunha das primeiras semblanzas de Franco, Franco, el caudillo, dentro da colección "Heroes de España".