José Novas Regueira


Categoría: Publicista
Data de Nacemento: 21 de setembro de 1921 (†18 de xuño de 2002)
Lugar de Nacemento: Beluso - Bueu (Pontevedra)
 Currículum

Cando tiña seis anos, emigrou ós Estados Unidos, país ó que regresa en 1936 a causa da Guerra Civil Española. Tras desempeñar varios traballos en Nova Iorque e ó comeza-la Segunda Guerra Mundial, alistouse na Mariña dos Estados Unidos, onde traballou como traductor militar e conseguiu o grao de capitán. Rematada a guerra, realiza estudios de postgrao e publicidade na Universidade de Columbia. En 1949, cando tiña 28 anos de idade, foi nomeado director de publicidade internacional de Gillette. Posteriormente fundou a súa propia axencia de publicidade, sendo pioneiro en retransmisións deportivas por radio e televisión. Ademais, fundou productoras de TV en toda Iberoamérica e desde 1969 a súa carreira estivo vinculada á multinacional da publicidade Leo Burnett como vicepresidente primeiro. En 1993, para recorda-la memoria do seu pai, decidiu crear unha fundación para beneficiar á xente de Beluso-Bueu (Pontevedra). O obxectivo principal desta fundación é conceder bolsas a alumnos desa zona que teñan un bo expediente académico e poucos recursos económicos. Esta fundación concede tódolos anos unha axuda económica ó colexio de Beluso. Do seu primeiro matrimonio con Patricia Fox tivo catro fillos (Steven, Robert, Paul e Patricia). En 1988, casou en segundas nupcias con Carmen Cruz.

 Outros datos de interese

En 1997 foi nomeado "fillo predilecto" do Concello de Bueu.