Residiu en Francia desde 1974 ata o ano 2001. É membro do colectivo francés "aaa53".
En Francia expuxo en: Ernee, Laval, Rennes, Nantes, Caen, Lemans, Chateaubriant, Cosse Le Vivien, Mayenne, Chateau Gontier, Allonnes, Sablé/Sarthe, Vitré, St. Barthetemy D'anjou, Aurille, Servon/Vilaine, Jublains, Bais, Lardë, Olivet, etc. En España expuxo en: Madrid, Santiago de Compostela, A Coruña, Noia, Pontevedra, Zamora, Segovia, Gandía, Aguilas, Jumilla, Lorca, Yecla, Murcia, Xabia, Bellreguard, Oliva, Xeresa, Villalonga, Albacete, Rotova, Almoines, Plasencia, Cartagena, Vigo, Portosín, Porto do Son, etc. Tamén expuxo en Polonia (Glucholay, Opole, Pazkow e Nysie), Alemaña (Gundremmingen, Aichach, Auisgbourg e Mettmann) e en Holanda (Deventer). Entre as obras que realizou destacan: 5 pinturas na igrexa parroquial de St. Pierre-Lacour (Francia, 1986), pintura mural no "Centre d'Accueil" de St. Pierre-Lacour (Francia, 1986) e pintura mural co colectivo "Art Vif" na "Sociedade Liceo" (Noia, España, 1987). Tamén realizou ilustracións en libros: Espagnol "Sistema basico" de E. Fernández, English for infants de Craig Harris, Os touros de Noia de Manoel Fabeiro, Os días con Lara de M. A. Olariaza, "L'oribus" nº 41, Debuxos e litografías Los olvidados, A morte de ITH (cómic publicado pola Deputación da Coruña en 1999) e Fuxidos (cómic para "Ni Vu ni con nu" (Francia). Ten obras en coleccións públicas (Alemaña, Francia e España) e en privadas (Alemaña, Canadá, Francia, España, e Holanda).
Recibiu o premio Grand Prix do Salon de Chateau-Gontier (Francia) de 1986, o Grand Prix do Salon de Ernee (Francia) de 1987 e o Prix do Salon Vitre-Salon Sable de 1988.