Manuel Núñez Saavedra


Categoría: Ideólogo
Data de Nacemento: En 1833 (†En 1916)
Lugar de Nacemento: Villarín- Sta.Lucía de A Lence- As Nogais(Lugo)
 Currículum

Ingresou no Colexio de San Lorenzo en Lugo, onde cursou a maior parte dos estudios eclesiásticos, aínda que non chegou a ordenarse sacerdote. En 1872 foi nomeado xefe dun grupo de guerrilleiros carlistas e foi a partir de aí cando comezaron as súas actuacións con asaltos, roubo de documentación para obter información, etc. Unha vez rematada a terceira guerra carlista en 1874, publicáronse decretos de gracia para os carlistas que cesasen a súa actividade e depuxesen as súas armas. Despois de comparecer ante o Tribunal Militar de Lugo, Manuel Núñez Saavedra tivo que pagar unha gran cantidade de cartos para non ir ó cárcere. En 1878 casou con María Consuelo Díaz Herbón, coa que tivo sete fillos.