De neno trasládase coa súa familia a Ferrol. Obtén no terceiro ano de estudos sobresaínte con matrícula de honra en Debuxo.Traballou algún tempo de debuxante de publicidade e carteis. A súa formación foi autodidacta e a primeira exposición individual non se produciu ata 1960 na Sala de Arte do Concello de Ferrol. A súa obra percorreu gran parte da xeografía española e estranxeira. É incluído na ‘Enciclopedia Galega’, ‘Diccionario de Gravadores Contemporáneos’, ‘Pintura da Deputación Provincial’ (Aportacións), ‘Pintura Ferrolana’, ‘Enciclopedia Galega Universal’, ‘Guía de Artistas de Galicia’ (Xunta) e en diferentes revistas e libros de arte. O seu labor é diverso: óleos, debuxos, murais, acuarelas e gravados esmaltados.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1960. Sala de Arte do Concello de Ferrol.
1963. Sala de Exposicións de AFFA.
1966. Sala de Arte do Concello de Ferrol.
1968. Sala de Exposicións da Caixa de Aforros de Lugo.
1969. Sala da Asociación de Artistas (A Coruña).
1970. Nova Sala do Concello de Ferrol.
1972. Sala de Exposicións da Asociación de Artistas (A Coruña).
1974. Sala de Exposicións da Asociación de Artistas (A Coruña).
1975. Sala de Arte Torrado (Pontevedra).
1977. Sala do Concello de Ferrol.
1978. Salóns de Arte Liceo R. Ourensano (Ourense) e Asociación de Artistas (A Coruña).
1979. Concello de Ferrol e Sala de Exposicións do Concello de Pontedeume.
1986. Sala de Exposicións do Instituto Politécnico (Ferrol).
1991. Sala de Exposicións da Asociación de Artistas (A Coruña) e Sala da Caixa de Aforros de Ferrol.
1992. Salóns de Arte do Ateneo Ferrolano.
1995. Sala de Arte Caixavigo (Vigo).
2000. Sala Museo Valle Inclán (Pobra do Caramiñal).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1964. I Certame de Pintura Galega, Círculo das Artes (Lugo) e Exposición Subasta Benéfica de Ferrol.
1966. I Certame ‘Imperio’ de Pintura (A Coruña).
1967. Grupo ‘O Grilón’ (Ferrol).
1968. Exposición Subasta C. Mediodía TVE (Obra de San Juan de Dios. Sevilla-Madrid).
1969. I Bienal Provincial de Arte (Pontevedra) e I Exposición de Pintura, Centro de Información e Turismo (A Coruña).
1971. I Exposición Trienal Nacional de Belas Artes (Santiago).
1972. I Salón de Maio de Arte Ferrolán (Ferrol) e V Premio Nacional de Pintura ‘Virxe da Encina’ (Ponferrada), seleccionado para a exposición en León.
1974. II Salón de Arte Ferrolán (Ferrol), II Salón de Arte Ferrolán (A Coruña), VII Concurso de pintura ‘Virxe da Encina’ (Ponferrada) e Exposición subasta-homenaxe a Castelao, Ateneo (Ourense).
1975. VIII Premio de Pintura Caixa de Aforros de León.
1977. Exposición-homenaxe a ‘Sprinter’, Sala Torrado (Pontevedra).
1978. IV Certame Pintura e Escultura ‘Cidade de Mondoñedo’.
1983. Exposición-subasta a beneficio de la C. Dolores (Ferrol).
1984. Exposición de Arte Gráfico ‘I Premio Máximo Ramos’ (Ferrol) e I Premio Nacional de Gravado ‘Cidade de Burgos’ (Burgos).
1985. 2º Premio Internacional ‘Máximo Ramos’ Gravado (Ferrol).
1989. III Premio de Debuxo ‘J. Pérez Villamil’ (Ferrol).
1991. Exposición Feitura. Imaxe-Gravado (Ferrol).
1992. Grupo ‘O Grilón’, Salóns de Exposicións do BBV (Ferrol) e Exposición Feitura de Artes Plásticas, Ateneo (Ferrol).
1994. IX Salón de Arte Contemporáneo dos Países Celtas. Lorient (Francia).
BOLSAS, PREMIOS E MENCIÓNS
1957. 1º Premio e bolsa no Certame Provincial de Pintura (A Coruña), asistindo como bolseiro ó 1º Curso Nacional de Artes Plásticas que se celebra en Navacerrada e Madrid.
1959. 2º Premio de Debuxo no Certame Provincial de Artes Plásticas (A Coruña).
1º Premio de Debuxo na Primeira Exposición de Artistas Novos de Ferrol.
1971. 2º Premio no Concurso Nacional de Carteis Celulosas S.A. de Pontevedra.
1973. 2º Premio no Concurso de Carteis Turísticos do Centro de Información e Turismo.
1974. 3º Premio de Acuarela na III Exposición Provincial de Pintura (A Coruña).
1980. Premio Especial no Concurso de Carteis (Arzúa - A Coruña)
1983. Diploma en Ocio-Galicia ‘Estudio Vivinte’ (Ferrol) e bandexa de prata da Agrupación C.D. Santa Marina.