Enrique Mourille Feijoo


Data de Nacemento: En 1945
Lugar de Nacemento: Outomuro, Cartelle (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca onde frecuentou, ademáis, cursos especiais do Catedrático Fernando Lázaro Carreter e do profesor rumano E. Coseriu.

Debido ás circunstancias políticas da época da súa formación universitaria, considerase a sí mesmo máis un autodidacta que de biblioteca e seminarios que un estudante de aula. Dende hai 25 anos vense dedicando ó ensino: Instituto de Ponteareas, Colexio M. San Francisco de Asís (Vigo) e Colexio Franciscanos (Lugo).

Cos seus alumnos presentouse a diversos concursos literarios de ámbito local e nacional, obtendo sempre postos de premio ou finalistas.

 Obras realizadas

'Juego y destrucción de la Palabra', Ed. Eco Franciscano. Santiago de Compostela, 1997.

Guións e coordenación de programas de Radio Escolar en Cadena Ser e RNE (anos 80 e 90).

Responsable de actividades literarias no centro onde ensina.

Colaborou nos diarios 'Faro de Vigo', 'El Correo Gallego' e 'El Ideal Gallego'.