Xosé Lois Ripalda González


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 31 de xaneiro
Lugar de Nacemento: Erbedeiro, Carballedo (Lugo)

Opinión
 Currículum

En Erbedeiro pasou os Primeiros anos da súa nenez, quedando na súa mente gravadas as inquedanzas da xente que posteriormente serían tema dos seus libros. Estudiou Maxisterio o que fixo que recorrese aldeas de Galicia e Asturias como mestre. Esto motivou que captase ambientes e costumes do máis variado, que enriqueceron as súas experiencias sobre a xente, que comezaran no seu berce. Hoxe, despois de case corenta anos dedicados ó ensino, dá por rematadas as súas actividades como mestre por xubilarse.

 Obras realizadas

Entre as súas obras destacan: 'Un fachico de contos', Zero, ZYX, 1980. 'Contos para engaiolar', Autor, 1984. 'As bolboretas brancas', Ir Indo, 1989. Acadou un dos premios "Barco de Vapor" (5º Certame). 'Contos da Baiuca', Autor, 1995. 'As botas de Zapeto', Sotelo Blanco, 1992. 'A Cultura tradicional do Pan' (En preparación). Realizou traballos de Etnografía dirixindo a escolantes, acadando seis veces consecutivas o premio "Museo de Pontevedra".

 Outros datos de interese

Conferencias por colexios o día das Letras Galegas.
Programas de animación á lectura.