Xa desde moi novo desempeñou varios oficios. Era un gran lector e posuía unha vasta cultura aínda que non chegou a estudiar bacharelato. Foi un gran amigo de Luis Seoane, que o pintou en 1931. Varios dos seus artigos e relatos encóntranse en "Nós", en "Yunque" e no suplemento do sábado de La Noche (1949).
Deixou inéditas varias novelas en castelán, entre as que destaca Zambulón, mundo cerrado que foi finalista do Premio Nadal en 1945.