Alejandro Alcalde Paz


Categoría: Avogado e político
Data de Nacemento: 16 de xullo de 1929
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Estudiou o Bacharelato no Colexio "León XIII" de Vilagarcía de Arousa. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952). Ten o título de Graduado Social pola Escola de Santiago de Compostela. Ingresou na Organización Sindical como Letrado-Asesor de Seccións Sociais e foi nomeado vicesecretario provincial de Ordenación Social da Organización Sindical en Lugo en 1963. Entre os cargos que ocupou, destacan: Profesor da Escola Sindical de Lugo en materias de Formación Social e Formación Xurídico-laboral, xefe do departamento de Acción Política Local, secretario da Xunta Provincial de Beneficencia de Lugo, profesor de Dereito do Traballo no curso 1966-67 no Seminario de Estudios Sociais de Lugo, avogado da Xunta de Beneficencia de Lugo, letrado de Término da Escala Técnica de Letrados Sindicais, vicepresidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Lugo, letrado titular do Tribunal Provincial de Amparo de Lugo da Organización Sindical, director provincial da Asesoría Xurídica da Organización Sindical en Lugo, encargado da Oficina de Depósito de Estatutos de Organizacións Profesionais en Lugo, letrado adscrito á Delegación Provincial do Ministerio de Traballo en Lugo (por transferencia dos servicios da AISS ó Ministerio de Traballo), delegado provincial da Consellería de Agricultura en Lugo (desde o 1 de maio de 1983 ata o 26 de xuño de 1985) e secretario da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade desde xullo de 1987 ata xullo de 1989, en que se xubilou voluntariamente. É letrado en exercicio adscrito ó Colexio de Avogados de Lugo desde 1957.