José Canalejas Méndez


Pseudónimo:'El cantor de Mugardos' nun xornal manual creado por él cando era neno.
Categoría: Político, escritor
Data de Nacemento: 31 de xullo de 1854 (†12 de novembro de 1912)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Simultaneou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras, licenciándose en 1872. Con dezaoito anos é nomeado auxiliar da cátedra Principios Xerales de Lingua e Literatura Española. En 1881 preséntase a candidato a deputado por Soria. En 1883 é nomeado subsecretario da Presidencia do Goberno e en 1887 é Vicepresidente Segundo do Congreso dos Deputados. En xuño de 1888 é nomeado Ministro de Fomento, cargo que ocupa ata o mes de decembro. Logo é nomeado Ministro de Xustiza. Ata 1894 apártase da política e en decembro do ano 1905 é nomeado Presidente do Congreso dos Deputados. En 1908 casa en segundas nupcias con María Fernández Cadenas. A súa primeira muller morrera en 1897 por problemas cardíacos. José Canalejas recibiu numerosas condecoracións e morreu en 1912, víctima dun atentado anarquista.

 Obras realizadas

José Canalejas Méndez destacou fundamentalmente pola súa actividade política. Non obstante, a súa precocidade de neno fixo que con dez anos traducise do francés a novela Luis, el joven emigrado. En 1875 publicou en dous tomos Apuntes para un curso de literatura latina. No ano 1888 publicou o libro Derecho parlamentario comparado e escribiu o prólogo á obra de Juan del Nido y Segalerva. En 1910 publicou o libro Estudios sobre las Regalías de la Corona de España. Ademais colaborou en prensa e deu moitras conferencias.

 Outros datos de interese

José Canalejas recibiu numerosas condecoracións como as grandes cruces do Mérito Naval, Militar, Beneficencia e Carlos III; as medallas da coronación do Rey, de Cuba, de Alburquerque e Villaviciosa; el collar de la Torre e a Espada de Portugal; a cruz de San Mauricio de Italia, a do León de Bélxica, a de San Carlos de Mónaco e a Nacional de Bolivia.