Miguel González Franco


Pseudónimo:Miguel Franco
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

Desde a súa nenez sentiu inclinación polo debuxo e, durante os seus estudios de bacharelato nos Escolapios de Monforte de Lemos, practicou con asiduidade o carbón e a plumiña. Posteriormente, iniciouse na acuarela e na pintura ó óleo.

 Obras realizadas

Ten un estilo realista e pintafundamentalmente flores, as paisaxes e as mariñas. Desde o ano 1975 leva realizado as seguintes exposicións: 1975. Caixa de Aforros (Lugo). 1976. Caixa de Aforros (Monforte) e Casa Sindical (Vilalba). 1977. Casino Ateneo (Monforte), Galería de Arte M.E.C. (Lugo) e Casino Ferrolán (Ferrol). 1978. Banco de Crédito e Inversións (Lugo), Casa da Cultura (León). 1979. Casa da Cultura (Ourense). 1980. Banco de Crédito e Inversións (Lugo), Caixa Postal de Aforros (A Coruña) e Caixa de Aforros de Galicia (Sarria). 1981. Banco Bilbao (Ponferrada). 1982. Banco de Crédito e Inversións (Lugo) e Galería de Arte “Unamuno” (Salamanca). 1983. Caixa de Aforros de Galicia (Monforte) e Caixa de Aforros de Asturias (Avilés). 1984. Banco de Crédito e Inversións (Lugo) e Concello de Vigo (Vigo). 1985. Caixa de Aforros Municipal de Vigo (Vilagarcía). 1986. Banco de Crédito e Inversións (Lugo) e Caixa de Aforros de Galicia (Santiago). 1988. Banco de Crédito e Inversións (Lugo). 1991. Banco Galego (Lugo). 1994. Banco Galego (Lugo). 1996. Sala de Arte “Casitas de la Compañía” (Monforte de Lemos). 1997. Concello de Cambados e Caixa de Aforros (Aranda de Duero). 1998. Caixa Galicia (O Barco de Valdeorras) e Concello de Burela. 1999. Centro Cultural “Torrente Ballester” (Ferrol) e Sala de Arte “Caixa Burgos” (Aranda de Duero). 2000. Sala de Arte “Casitas de La Compañía”, Sala de Arte “Casa del Escudo” (Verín) e Galería Sargadelos (Lugo). 2001. Sala de Arte “Poeta Manuel María” (Foz) e Sala de Arte da Oficina de Turismo (Ribadeo). 2002. Sala de Exposicións do Liceo de Ourense (Ourense) e Sala de Exposicións do Claustro de San Francisco (Viveiro). 2003. Sala de exposicións “Sargadelos” e Sala de exposicións do Liceo Recreativo (Betanzos). 2004. Sala de exposicións do Casino Recreativo (O Carballiño). 2005. Sala de exposicións do Club Náutico - Casino "La Tertulina" (Ponferrada). 2006. Sala de exposicións "Edificio Liceo". Betanzos. 2006. Claustro San Francisco (Viveiro). 2006. Sala Almirante. Hotel Méndez Núñez (Lugo). 2007. Casino Mercantil e Industrial. Pontevedra. 2007. Sala de Turismo. Ribadeo. 2008. Sala de exposicións do Sporting Club Casino. A Coruña. 2008. Sala de Exposicións da Casa da Cultura. Monforte de Lemos. 2009. Casino La Tertulina, Ponferrada. 2010. Sala de Arte "Círclo Mercantil e Industrial". Vigo. 2010. Sala de Arte "Pintor Llorens", Sada (A Coruña).