Durante 20 anos (entre 1978 e 1998) traballou en Astano, primeiro como delineante-proxectista na Sala de Arquitectura Naval e despois como economista no departamento de presupostos. Foi, tamén, membro do comité de empresa e dos secretariados nacionais dos sindicatos "INTG" e "CIG". No ámbito político, Xesús Díaz foi militante do PGG entre 1970 e 1977. Agora é o responsable comarcal da área económica e social do BNG e desempeña as funcións de deputado no Parlamento de Galicia onde a pasada lexislatura ocupou a presidencia da Comisión de Economía.