-Enxeñeiro superior de Telecomunicacións (1968)
-Doutor Enxeñeiro de Telecomunicacións (1973); ámbalas dúas titulacións coa máxima cualificación na ETSIT de Madrid (UPM)
-Etapas de formación Universitaria: Santiago de Compostela; ETSIT de Madrid, Politécnico di Torino (Italia), Philips N.V. (Holanda).
-Investigador e docente en institucións e universidades de:Turín (Italia), París, Lannion (Francia), Canterbury (U.K.), Manchester, Udine (Italia), Los Angeles (EE. UU.), México (IPN-Cinvestav, ITESM) e Santiago de Chile.
-Profesor na ETSIT de Madrid (1967, 1970-72) e Profesor na Universidade Politécnica de Cataluña desde 1977 ata hoxe.
-Catedrático de Universidade desde 1984 de Sistemas de Telecomunicación.
-Director de Departamento (1982-1987) e (1997-2000) na UPC.
-Fundador na UPC da área de coñecementos de Teoría da señal e Comunicacións. Experto en Telecomuicacións fixas, móbiles e aeronáuticas.
-Consultor nacional e internacional sobre Radio Comunicacións Dixitais e Espectro radioeléctrico.
-Autor e traductor de catro libros sobre Telecomunicacións es España.
-Coautor do primeiro libro mundial en inglés sobre HAPS (2008).
-Autor e/ ou coautor de máis de 100 publicacións en Revistas e Congresos nacionais e internacionais.
-Preto dun cento de Informes e memorias técnicas industriais.
-Revisor de Revistas Internacionais sobre Telecomunicacións (IEEE -USA)
-Membro de Comisións nacionais, europeas e EE.UU. sobre temas científico-técnicos relacionados coas telecomunicacións.
-Organizador de Congresos e Simposios Nacionais e Internacionais.
-Participación en Proxectos científico-técnicos nacionais (CICYT) e europeos da ESA e da UE sobre Comunicacións Dixitais vía radio terrestre fixo/ móbil/ satélite. Líder dun grupo para deseñar unha plataforma aérea para telecomunicacións, control de tráfico e medio ambiente no ámbito dos 5º e 6ª Programas Marco da UE.
Foi Presidente da sección española do IEEE (Organización Internacional de Enxeñeiros Eléctricos) desde 2002 ata 2007. Membro da Xunta rectora da sección desde 1973 ata 2012. Presidente do grupo Life IEEE de España desde 2010 ata hoxe.