É actriz, autora teatral, educadora e, ocasionalmente, directora.
Diplomada en Traballo Social, cursou a formación completa na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto, así como tamén o “II Curso de Posgrao de Interpretación e Arte Dramático” organizado pola Facultade de Filoloxía da USC. Participou nas tres edicións do ciclo "Pistas para unha Dramaturxia de Actualidade" organizado polo Centro Dramático Galego.
É directora e autora da compañía de teatro amador FarandOleiras Cabaré, desde o ano 2010.
Como actriz, traballou con diversas compañías galegas: Chévere, Berrobambán, Nut teatro, Cachuzo Teatro...
Participou en series de televisión como "Escoba!", "O Faro" e na tv movie "Arenal, visitadora de cárceres". Traballos que sempre alternou con obras propias como "Área de Descanso" con Iria Pinheiro, "Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes" con Rula Blanco e Rocío González e participacións diversas en festivales e ciclos como o "6x6" organizado pola compañía A Artística. Por outra banda, a fotografía e o vídeo tamén forman parte das súas ferramentas creativas.
Ten publicadas varias obras: "Movidas" e "Razóns de Peso" (escrita para Pinguela Teatro) publicadas ambas as dúas por Estaleiro Editora no 2010. "Agorafobia, parálise sobre o medo" autoeditada en colaboración con redeNasa e seleccionada nos IV Encontros de Creación en Magalia no 2011. "Prohibido sufrir" publicada no caderno no 78 da Revista Galega de Teatro no 81 en 2014.
Premio do Xurado na 9ª edición do "Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" da Radio Galega coa obra "Evasión", en 2015.