Juan J. Casares Long


Categoría: Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
 Currículum

Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 1972, Juan Casares Long doutorouse en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Enxeñaría Química pola Universidade de Salford (Reino Unido).
Logo de traballar a mediados dos 80 na Universidade do Petróleo e Minerais de Arabia Saudí, volveu á USC como profesor titular.
É catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Santiago de Compostela e foino tamén das Universidades de Sevilla e Cantabria.
Traballou no deseño, desenvolvemento e xestión do Centro de Supercomputación de Galicia, do que foi director entre 1993 e 1997, e na posta en marcha da Rede de Comunicacións de Banda Ancha da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA).
Ademais, dirixiu o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997-2001) e promoveu e impulsou o Servizo de Observación e Predición Meteorolóxica de Galicia (MeteoGalicia).
O 25 de xuño de 2009 tomou posesión como reitor da USC.