Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén realizou estudio de Ciencias Políticas e da Administración. É funcionario, por oposición, do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia (1992).
Prestou servicios na Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia e na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia como letrado-asesor (1995-97). En 1997 foi nomeado xefe de servicio do Valedor do Pobo e desde 1998 desempeña o posto de asesor desa institución. Realizou, entre outros, os cursos de "Especialización en Dereito Civil de Galicia" (Universidade de Santiago de Compostela), "Curso de especialización en Dereito Contencioso-administrativo" (Centro de Altos Estudios de Galicia, en colaboración co Instituto Nacional de Administración Pública e o Consello Xeral do Poder Xudicial) e o curso de Directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública).
Foi responsable de varias áeras da Institución do Valedor do Pobo no seu posto de asesor. Escribiu numerosos informes xurídicos para a Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia na súa etapa de letrado-asesor da mesma.
Realizou varios traballos para a súa incorporación ós informes do Valedor do Pobo desde 1997. Participou, representando á institución do Valedor do Pobo, en varios congresos e conferencias dos "Ombudsman", tanto nacionais como estranxeiros, defendendo diversos relatorios e traballos.
A partir de xullo de 2007 incorporouse ao Servizo Técnico Xurídico da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e en decembro de 2009 é nomeado Xefe do Servizo Xurídico da Secretaría Xeral de Medios de Comunicación dependente da Presidencia da Xunta, posto que segue ocupando na actualidade.
Así mesmo, en febreiro de 2012, foi elixido polo Pleno do Parlamento de Galicia Conselleiro do Consello Asesor de Radio Televisión Española en Galicia (RTVE en Galicia), e en funcións, Conselleiro do Consello Asesor da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e as súas sociedades.