Mestre en Educación Primaria no colexio de Vilagarcía de Arousa "CEIP O Piñeiriño", compaxina o seu traballo co estudio da carreira de Ciencias da Educación na UNED.
Como gran afeccionado á Informática e preocupado polo ensino do galego, ten realizado actividades en galego (Mamíferos, aves, anfibios, réptiles e peixes; Xogamos coa táboa de multiplicar; O cultivo do millo; Letras Galegas 2001: Eladio Rodríguez González e Encrucillados Temáticos), así como máis de 50 traduccións do galego e castelán. Participou na traducción ó galego da suite do programa "Hot Potatoes" creado polo Departamento de Informática da Universidade de Victoria (Canadá), así como da traducción do tutorial.