Lois Pérez Castrillo foi proclamado Alcalde-Presidente do Concello de Vigo o 3 de xullo de 1999 tralas eleccións municipais nas que encabezou a candidatura presentada polo BNG.Pérez Castrillo estudiou maxisterio no Seminario de Vigo. É profesor de ensino primario. Ingresou no BNG en 1986.No período 1991-95 formou parte do goberno municipal como Concelleiro de Participación Cidadá. Desa época é o Regulamento de Participación Cidadá, un dos máis avanzados do estado.Lois Pérez Castrillo forma parte do Consello Nacional do BNG.Foi presidente da Mancomunidade de Concellos da Area Intermunicipal de Vigo, da Fundación Pro-Vigo e do Comité Executivo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).
Colaborou na revista "O Ensino" e realizou diversos traballos para a Asociación Psicopedagóxica Galega".