Licenciada en filosofía pola USC, museóloga pola UAH e experta en conservación e restauración do patrimonio pola UAH. Mestrado en Xestión Cultural pola UPO, Mestrado en Relacións Públicas e Protocolo pola UPO.
Premios:
- Segundo premio de microrrelatos semana sen fronteiras do Casino 1889 de Carballo en 2018.
- Primeiro premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do día do libro de Vilalba, 2019 con “Da estirpe ágrafa”.
- Primeiro premio Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2020, por “Silencios náufragos”.
- Accésit no XXV Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, no 2020 co relato “Roxanne”.
- Segundo premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do Día do Libro de Vilalba, 2020 con “Confin(arte)”.
- Primeiro Premio do III Certame de poesía Torre de Caldaloba, 2020, con “Herdar a fala”.
- Terceiro premio (adultos)do Certame de Microrrelatos do día do libro de Vilalba 2021 con “En carne viva”.
- Segundo premio (adultos) do Certame de Microrrelatos do día do libro de Vilalba 2022 con “A quen sobreviva”.
- Mención Especial Camiño de Santiago no XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López en 2022 con “Verba Enxertada”.
- Primeiro premio no III Certame de Caligramas Constanza de Castro en 2023 con “Última noite en Caldaloba”.
- Primeiro premio no XI Concurso de Poesía Albariza de Artes-Concello de Ribeira en 2024 con “Agora que volveron as baleas”.
- Accésit no Certame de Poesía Francisco Añón en 2025 con “Grolos de ausencia e augaforte”.