Elías López-Romero González de la Aleja


Data de Nacemento: 1977
Lugar de Nacemento: Madrid
Teléfono: 881 81 35 52
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Historia (1999) pola Universidade Autónoma de Madrid. En 2005 obtivo o título de Doutor en Historia (Itinerario Prehistoria e Arqueoloxía) con mención de Doctor Europeo pola Universidade Autónoma de Madrid coa tese Arqueología del Paisaje y megalitismo en el centro-oeste peninsular: evolución de las pautas de poblamiento en torno a la cuenca del río sever (España-Portugal) dirixida por J.M. Vicent García (CSIC).

Comezou o seu labor de investigación no departamento de Prehistoria do CSIC en Madrid (1999-2005), posteriormente foi investigador posdoutoral en Francia no CNRS-Université de Rennes1 (2006 e 2007) e doutor Contratado do Programa JAE-Doc no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Santiago de Compostela (2009-2012).

 

 Obras realizadas

En 2013 obtivo un contrato do programa europeo Marie Curie (2013-2015) na universidade británica de Durham, onde desenvolveu o proxecto "eSCOPES. Evolving spaces: coastal landscapes of the Neolithic in the European Land's Ends".

As súas liñas de investigación versan sobre o estudo da monumentalidade na Prehistoria Recente da Fachada Atlántica Europea, con especial atención aos contextos da Península Ibérica e do Oeste de Francia, e sobre a arqueoloxía do litoral.

Dirixiu, co-dirixiu ou participou en múltiples proxectos de investigación (en España, Reino Unido, Francia, Portugal e Uruguay), destacando eSCOPES (Evolving spaces: coastal landscapes of the Neolithic in the European Land's Ends; dir. E. López-Romero), Bregantia (Archéologie Littorale et vulnérabilité: une approche inter-régionale (Bretagne-Galice)(dir. E. López-Romero & MY. Daire), 'Paisajes del movimiento: Estudio de la movilidad indígena-colonial y su rol en la configuración del paisaje de las tierras bajas del Uruguay' (dir. C. Gianotti), 'Programa de Investigación en Tecnologías para la conservación y revalorización del Patrimonio Cultural-CONSOLIDER' (dir. F. Criado-Boado) ou 'Procesos de Formación y Cambio del Paisaje Cultural del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia' (dir. C. Sánchez-Carretero).

É autor ou co-autor de varios artigos científicos en revistas de impacto como Oxford Journal of Archaeology, Cambridge Archaeological Journal, Journal of Island and Coastal Archaeology ou L'Anthropologie.

Entre as súas publicacións, como único autor ou en colaboración, figuran: “Characterizing the evolution of visual landscapes in the Late Prehistory of Southwest Morbihan (Brittany, France)”, "Out of the box: exploring the 3D modelling potential of ancient image archives", "The eSCOPES project: preservation by record and monitoring at-risk costal archaeological sites on the European Atlantic façade", “Monuments néolithiques de la région de Lorient (Morbihan, Bretagne): à propos des modes d´organisation des territoires”, "La investigación de las arquitecturas y paisajes monumentales en el noroeste peninsular: una aproximación bilbiométrica", “Arqueometría: Cambios y tendencias actuales”, “OSL dating of megalithic monuments: context and perspectives”, “Modelos predictivos para el estudio del Neolítico: aplicación del Análisis de Regresión Simple y Análisis Discriminante al megalitismo de la cuenca del Sever (España-Portugal)”, “Arqueología del Paisaje y megalitismo en el centro-oeste peninsular: evolución de las pautas de poblamiento en torno a la cuenca del río Sever (España-Potugal)” e “Las vías pecuarias como elementos arqueológicos”.